lunes, 23 de noviembre de 2009

Un icono chamado Audrey Hepburn

Nova York exhibe estes días a maior colección de traxes da actriz que se poxará en Londres.

Moi preto da xoiería que popularizou a protagonista de Almorzo con Diamantes, exhíbense estes días os vestidos de alta costura que Audrey Hepburn levou como ninguén durante os anos cincuenta e os sesenta. Con prezos que oscilan entre os 166 e os 22.000 euros, Londres acollerá o próximo 8 de decembro a maior poxa de obxectos da actriz. A maioría dos modelos son de Givenchy, o seu deseñador favorito. Entre todos destaca un de cocktail negro que a gañadora dun Oscar vestiu en «Como roubar un millón». Xunto aos seus elegantes vestidos e chapeus, poderase puxar tamén por varias cartas que a actriz escribiu á súa amiga e propietaria da colección que sairá a poxa, Tanja Star Busmann. A metade da cifra recadada destinarase á fundación que leva o nome da actriz e que vea por brindar unha boa calidade de vida a nenos de todo o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario